A Vivenda Comunitaria de Alfoz sitúase na parroquia de San Pedro de Mor (A Seara) e ten capacidade para 10 residentes polo que se trata de unha vivenda moi familiar. O ambiente do pobo é tranquilo e rural polo que as persoas usuarias poden disfrutar da calma, o entorno e a natureza.

Diante da Vivenda, contamos con un extenso parque para pasear e desfrutar da paz e o relax. Neste entorno conviven persoas amantes dos animais, dos paseos e conversas coa veciñanza.. persoa maiores que están integradas na dinámica e quefacer diario do pobo, das súas festas, as súas actividades. Persoas que residen nunha Vivenda Comunitaria e que forman parte do pobo e o pobo forma parte deles.

O persoal do centro é o seguinte: EDUCADORA SOCIAL/COORDINACIÓN: Nazaret Cruz Leal XEROCULTORA: Mª Fe Eijo Yáñez XEROCULTORA: Rosa Mª Expósito Castro